Información xeral

Datos sobre este sitio web www.gestagua.es (Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico):

Titular: GESTIÓN Y TÉCNICAS DEL AGUA, S.A. Enderezo: C/ Rosario Pino, 14-16 Tel: 91 425 26 10 Datos Rexistrais: CIF: A-78139755 Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid tomo 2.051, folio 170, folla M-36507

LOPD – Procesos de selección

Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Personal

A súa participación nos procesos de selección abertos pola nosa organización supón o seu consentimento expreso para que GESTAGUA poida xestionar como candidato/a ao posto ao que opte, e de forma xeral, calquera futuro proceso de selección que inicie a nosa organización. Unha vez finalizado o proceso, é intención da nosa organización manter o seu currículo así como calquera outro dato proporcionado por vostede a través de entrevistas ou solicitudes de información adicionais para telo en conta en futuros procesos de selección. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición a través de gestagua@gestagua.es.

Propiedade Intelectual

Todos os contidos desta páxina Web (incluíndo o código fonte, imaxes, textos, gráficos, etc.) están protexidos pola normativa nacional e internacional vixente sobre propiedade intelectual, encontrándose todos os dereitos reservados. Queda terminantemente prohibida a reprodución de calquera contido da Web sen o consentimento expreso de GESTAGUA e dos posuidores dos dereitos. A utilización non autorizada da información contida nesta Web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Responsabilidade

O uso do web realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do usuario ou usuaria. A devandita responsabilidade estenderase ao uso, por parte do/a usuario/a ao de calquera terceiro, de calquera contrasinal ou similares asignadas para o acceso ao web ou a calquera dos seus servizos. GESTAGUA non asume responsabilidade ningunha derivada dos contidos enlazados dende a web, sempre que sexan alleos a esta, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nestes que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou os ficheiros do/a usuario/a, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao/á usuario/a por este motivo. GESTAGUA rexeita toda responsabilidade que se derive da mala utilización dos contidos expostos nestas páxinas e resérvase o dereito a actualizalos, eliminalos, establecer limitacións ou restrinxir o seu acceso en calquera momento, de xeito temporal ou permanente.

Conflitos

Para calquera controversia ou conflito suscitado en relación con esta páxina web, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados con ela, cos xulgados e con tribunais de Madrid. O acceso ás páxinas web deste sitio implica a aceptación de todas as condicións expresadas nesta información legal. GESTAGUA poderá modificar sen previo aviso a estrutura e deseño do web e adaptar este aviso legal aos cambios lexislativos que se produzan.