Que é unha factura electrónica?

“Unha factura electrónica é un documento electrónico que cumpre cos requisitos legal e regulamentariamente esixibles ás facturas e que, ademais, garante a autenticidade da súa orixe e a integridade do seu contido, o que impide o repudio da factura polo seu emisor” (Lei 56/2007, de medidas de impulso da sociedade da información).

“As facturas poderán expedirse por calquera medio, en papel ou en formato electrónico, que permita garantir ao obrigado á súa expedición a autenticidade da súa orixe, a integridade do seu contido e a súa lexibilidade” (Regulamento das obrigas de facturación aprobado por Real Decreto 1619/2012).

As nosas facturas electrónicas teñen a mesma validez legal que as facturas en formato papel, xa que incorporan medios que garanten a autenticidade da súa orixe e a integridade dos documentos así remitidos.

Cales son as vantaxes?

As facturas en formato electrónico substitúen a documentación en papel e permiten aforrar o espazo de almacenamento, melloran a dispoñibilidade da información e a seguridade, e poden ser consultadas en calquera momento e dende calquera situación, evitando ademais, o consumo de papel e os recursos de impresión de forma innecesaria.

Como solicitala?

Se é vostede titular do contrato pode solicitala de forma telefónica ou por correo electrónico, na súa oficina comercial. Se vostede xa é usuario/a da nosa oficina virtual, recibirá o aviso por correo electrónico da dispoñibilidade da súa factura. En caso de desconformidade, deberá comunicar á súa oficina o seu desexo de seguir recibindo a súa factura en papel. En calquera momento, se vostede desexa volver recibir as facturas en papel, só ten que poñerse en contacto coa súa oficina.

Consulte o noso Folleto de Factura Electrónica para máis información.

Gestagua - Carballo
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.