O Grupo SAUR

Con máis de 80 anos de experiencia e presenza profesional nos 5 continentes, o Grupo Saur, matriz da filial española Gestagua, é líder europeo na xestión integral do ciclo da auga.
Dispón de departamentos de enxeñaría ao servizo do deseño, construción e asistencia á explotación de estacións de tratamento de auga potable e de depuración de augas residuais.
A súa xestión ambiental esténdese a través de diferentes liñas de negocio, ao servizo da cadea de residuos domésticos e industriais: recollida, transferencia, selección e reciclado, depósito e almacenamento e limpeza urbana e de edificios.
O Grupo mantén unha política de calidade e sostibilidade que promove o uso de enerxías renovables e elixe sistemas de baixo consumo enerxético, logrando ratios óptimos de uso dos equipos utilizados en todos os nosos servizos de xestión do ciclo integral da auga.

O Grupo Saur constitúe un referente tecnolóxico para a constatada profesionalidade da súa filial española, Gestagua.

En España, a diferenza doutros países do noso ámbito, o ciclo integral da auga está configurado como un servizo específico e obrigatorio para todos os municipios.

Case a metade dos seus consumidores están servidos polos propios entes municipais.
Non obstante, o recurso á xestión delegada (privada) do servizo constitúe unha opción cada vez máis atractiva para os municipios, que deben harmonizar os crecentes requirimentos do servizo, tanto en custo coma en investimento de capital, cos principios de control de gasto público e estabilidade presupostaria que deben guiar a administración das súas facendas locais.

A xestión privada ofrece maiores ratios de eficiencia e produtividade e, polo tanto unha prestación do servizo a menor custo; un ámbito tecnolóxico máis evolucionado, produto da I+D+i practicada polas empresas especializadas. Doutra parte a xestión indirecta do servizo pode achegar financiamento a curto prazo para obras ou calquera outro fin de utilidade pública.

Neste escenario, o Grupo Saur representa para os municipios españois o mellor socio tecnolóxico decidido a colaborar baixo calquera das fórmulas posibles en cada caso, sempre en liña co noso ideario de ofertar solucións á medida

JOSE LUIS RUBIO DIAZ DE TUDANCA / Presidente Executivo de Gestagua