Incentivar o desexo de emprender nos seus colaboradores é primordial para o grupo Saur. Porque un equipo que non emprende esta abocado ao fracaso. Queremos que os nosos colaboradores sexan os protagonistas do espírito de empresa que os anima. Espírito de innovación, creatividade, reactividade, toma de riscos: tantos factores esenciais que nos permiten optimizar os resultados e crear a nosa dinámica de empresa.
Porque para conseguir obxectivos comúns cada un debe poder contar cos demais, colocamos en lugar privilexiado o cumprimento dos nosos compromisos cara aos nosos equipos, os nosos socios e os nosos clientes. Tamén cos nosos colaboradores, aos que pedimos cada día manter un respecto absoluto dos seus compañeiros.
Máis alá da dispersión xeográfica que nos caracteriza e a disparidade de actividades dos nosos servizos, existe unha cultura común, que debe ser traducida ao entendemento e cooperación entre todos os nosos empregados, logrando unha convivencia sen fisuras na que todos nos sintamos a gusto.
A sinceridade e a honradez son dúas calidades indispensables para conseguir instaurar un clima de confianza na empresa. Favorecer o diálogo aberto e construtivo entre os seus equipos e cos seus clientes é un excelente medio para xerar unha actitude positiva.
Saber tomar riscos é unha das calidades máis signifi cativas do liderado: impulsar cada un dos nosos colaboradores a superar os seus medos para levalos a afrontar os retos que nos fixamos. Iso implica moito valor e iniciativa: dúas características fundamentais que permite ao noso Grupo superarse a si mesmo.
Gestagua elixiu distinguirse voluntariamente como unha empresa cidadá e responsable a través de 3 accións: