Solucións á medida

Gestagua traballa sobre todas as etapas do ciclo da auga, achegando uns coñecementos técnicos capaces de conciliar a xestión que se nos delega coa conservación dos equilibrios naturais. Gestagua opera a auga en España dende 1986. Na actualidade, a nosa carteira de clientes componse de medio centenar de municipios, con máis de 500.000 habitantes servidos. A nosa matriz francesa achéganos o seu liderado na enxeñaría do tratamento da auga en todas as súas fases: dende o deseño de proxectos á explotación de instalacións á medida e chave en man.

Solucións á súa medida: para Gestagua, cada cliente é único e o máis importante. Cada proxecto adáptase ás necesidades dos municipios que nos confían a xestión do seu ciclo da auga, e a ela aplicamos o noso saber-facer en beneficio das súas cidades, coas técnicas máis actuais e innovadoras.

Por iso, os municipios encontran en Gestagua algo máis que un operador eficiente das súas infraestruturas e recursos: sobre todo un socio activo para a xestión da cidade, un xestor transparente e disposto a colaborar en calquera medida que contribúa a unha prosperidade sostible para a comunidade. Plenamente seguros da nosa vontade e competencia para prestar un servizo cos maiores estándares de calidade do mercado, Gestagua postúlase ante os seus potenciais clientes como o mellor xestor posible, tanto para o seu sistema de abastecemento coma para calquera outro servizo ambiental.

Somos o socio leal, seguro e fiable, cuxos intereses sempre coinciden cos da súa cidade e os que a habitan.

Gestagua - Carballo
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.