Gestagua entende que o seu compromiso cos clientes e clientas xira arredor da calidade e responsabilidade dos servizos que ofrece, así como da súa capacidade de garantir a subministración, para satisfacer as súas necesidades e expectativas.

  • Mantemos unha vontade clara de evolucionar coas necesidades dos/as nosos/as clientes/as.
  • Realizamos estudos e detectamos áreas de mellora para proporcionar calidade nas nosas instalacións e servizos.
  • O noso servizo responde ás esixencias máis altas en materia de calidade de auga e protección do medio, dotándoo de procesos, procedementos e ferramentas necesarias para conseguir en todo momento un servizo áxil e eficiente.
  • A excelencia na atención á clientela é o noso obxectivo primordial.
  • As nosas liñas de actuación, baseadas na uniformidade de criterios, fan que os/as nosos/as empregados/as dean unha resposta de calidade ao/á cliente/a o máis coherente posible.
  • Atención completamente personalizada aos nosos clientes e clientas poñendo á súa disposición o uso de diversas vías de atención, en función das preferencias e hábitos persoais dos cidadáns e cidadás, para atender, tramitar e resolver todas as xestións relacionadas co servizo.

“A especialización e capacitación na xestión dos servizos que prestamos garántenos alcanzar a plena satisfacción da clientela, prestándolle un servizo de calidade á cidadanía”

Clientes