En Gestagua coidamos da calidade dun ben como a auga, cada día mais escaso.

A calidade da auga en Carballo cumpre coa lexislación vixente, o Real Decreto 140/2003, do 7 de febreiro polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano garante que as augas consumidas por todos os municipios sexan controladas, tanto polos xestores dos abastecementos coma polas administracións sanitarias locais. Grazas, ademais, ao robusto Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC), que centraliza todos os datos da calidade da auga analizada, toda a información atópase dispoñible para todos os ámbitos da administración así como para a propia cidadanía.

Todos os días realizamos controis manuais sobre a calidade microbiolóxica e fisicoquímica da auga, co propósito de garantirlles a tranquilidade aos/ás nosos/as clientes/as. Pero ademais, os nosos analizadores en continuo avísannos sobre calquera variación dos parámetros medidos ao longo do día, o que nos permite actuar de forma rápida ante calquera imprevisto e antes mesmo de que afecte aos/ás nosos/as clientes/as.

01T-Calidad-Agua