SOLUCIÓNS Á MEDIDA
Gestagua traballa sobre todas as etapas do ciclo da auga, achegando uns coñecementos técnicos capaces de conciliar a xestión que se nos delega coa conservación dos equilibrios naturais. Gestagua opera a auga en España dende 1986. Na actualidade, a nosa carteira de clientes/as componse de medio cento de municipios, con máis de 500.000 habitantes servidos/as. A nosa matriz francesa achéganos o seu liderado na enxeñaría do tratamento da auga en todas as súas fases: dende o deseño de proxectos á explotación de instalacións á medida e chave en man.
Solucións á súa medida: para Gestagua cada cliente/a é único/a e o/a máis importante. Cada proxecto adáptase ás necesidades do municipio que nos confía a xestión do seu ciclo da auga, e aplicamos o noso “saber facer” coas técnicas máis actuais e innovadoras, en beneficio dos cidadáns e das cidadás.
Por iso, os municipios encontran en Gestagua algo máis que un operador eficiente das súas infraestruturas e recursos hidráulicos: sobre todo un socio activo, un xestor transparente e disposto a colaborar en calquera medida que contribúa a unha prosperidade sostible para a comunidade. Plenamente seguros da nosa vontade e competencia para prestar un servizo cos maiores estándares de calidade do mercado.
Gestagua é, pois, o mellor xestor posible, tanto para o sistema integral de augas coma para calquera outro servizo medioambiental.
Somos o socio leal, seguro e fiable, cuxos intereses sempre coinciden cos da súa cidade e os que a habitan.
www.gestagua.es
O Grupo SAUR
Con máis de 90 anos de experiencia e presenza profesional nos 5 continentes, o Grupo Saur, matriz da filial española Gestagua, é líder europeo na xestión integral do ciclo da auga. Dispón de departamentos de enxeñaría ao servizo do deseño, construción e asistencia á explotación de estacións de tratamento de auga potable e de depuración de augas residuais. A súa xestión medioambiental esténdese a través de diferentes liñas de negocio, ao servizo da cadea de residuos domésticos e industriais: recollida, transferencia, selección e reciclado, depósito e almacenamento e limpeza urbana e de edificios. O Grupo mantén unha política de calidade e substentabilidade que promove o uso de enerxías renovables e elixe sistemas de baixo consumo enerxético, acadando ratios óptimas de uso dos equipos utilizados en todos os nosos servizos de xestión do ciclo integral da auga.
O Grupo Saur constitúe un referente tecnolóxico para a constatada profesionalidade da súa filial española, Gestagua. En España, a diferenza doutros países do noso ámbito, o ciclo integral da auga está configurado como un servizo específico e obrigatorio para todos os municipios.
Case a metade dos seus consumidores/as están servidos polos propios entes municipais. Non obstante, o recurso á xestión delegada (privada) do servizo constitúe unha opción cada vez máis atractiva para os municipios, que deben harmonizar os crecentes requirimentos do servizo, tanto en custo coma en investimento de capital, cos principios de control de gasto público e estabilidade orzamentaria que deben guiar a administración das súas facendas locais.
A xestión privada ofrece maiores ratios de eficiencia e produtividade e, polo tanto, unha prestación do servizo a menor custo; un ámbito tecnolóxico máis evolucionado, produto da I+D+i practicada polas empresas especializadas. Doutra parte a xestión indirecta do servizo pode achegar financiamento a curto prazo para obras ou calquera outro fin de utilidade pública.
Neste escenario, o Grupo Saur representa para os municipios españois o mellor socio tecnolóxico decidido a colaborar baixo calquera das fórmulas posibles en cada caso, sempre en liña co noso ideario de ofertar solucións á medida.
www.saur.com